Podes ver a entrada orixinal no blog vello
Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia queren propoñernos que participes no campamento de verán Summer Fun! , para rapaces de 8 a 14 anos en A Coruña, frente á praia do Orzán . É un campamento pensado para que poidas desfrutar e troular nuns días únicos de lecercoñecendo a novas amigas e amigos, á vez que adquires coñecementos e soltura co inglés Datos-resumo do campamento Summer Fun! 2013 Campamento con formación lúdica en inglés todas as mañás e con actividades de lecer con uso maioritario do inglés polas tardes e noites. Para rapaces de 8 a 14 anos (dende 3º de Primaria a 2º de ESO) Dende o 15 de agosto pola tarde ata ao 25 de agosto pola mañá No albergue Beiramar de A Coruña (frente praia do Orzán) Existen dúas cuotas en función das necesidades: 350 € para rapaces en pensión completa (almorzo, xantar, cea e aloxamento) 250 € para rapaces de A Coruña que participan nas actividades do campamento dende as 10:30 hasta as 20:30 h (xantar incluído) Inscrición aberta na web www.fedboscogal.org ou nas nosas 5 asociacións xuvenís (falar con David Montero) Prazas limitadas |
Equipo de animadores
Os monitores realizarán as actividades do campamento tódolos días e se encargarán do acompañamento e boa marcha tanto do campamento como dos participantes.
Son Titulados en actividades de Tempo Libre e titulados tamén en formación inglesa. Tamén contaremos con monitores europeos de fala inglesa.
Acompañarán e dinamizarán ós participantes non soamente nas actividades, senón tamén noutras cousas tamén importantes: comidas, descanso nocturno, aseo persoal…
Actividades
O resumo de actividades é o seguinte, dividido en tres momentos do día:
Mañás "Use of English". Actividades de formación lúdica 100% en inglés como, por exemplo: board-games, acting, listening to music, speaking, role-playing, reading, singing, dancing,...
Tardes lúdicas. Actividades con uso maioritario do inglés como, por exemplo: deportes, praia, parque acuático, visitas culturais, actividades na cidade, slackline, obradoiros, karaoke,...
Noites de festa. Actividades nocturnas con uso maioritario do inglés como, por exemplo: ciencia divertida, xogos, geocaching, xincanas, xogos de auga, concursos, rastrexos, baile-discoteca, veladas,...
As súas actividades están deseñadas para practicar a competencia lingüística no inglés sen empregar unha dinámica tradicional de aula
Qué inclúe o campamento?
Aloxamento no albergue
Manutención (almorzo, xantar e cea para os de pensión completa; e solo xantar para os residentes en A Coruña)
Material das actividades
Desprazamentos durante o campamento
Equipo de Monitores titulados as 24 h (un monitor por cada 10 participantes)
Director do campamento titulado, as 24 h
Coche de apoio
Ningún comentario:
Publicar un comentario