6 de out. de 2014

Onda Cero no cole

Podes ver a entrada orixinal no blog vello
Onte pola mañá, o programa local de Onda Cero celebrouse no salón de actos do noso cole.
Para comezar coa celebración dos 25 anos da chegada dos Salesianos a Lugo tivemos a sorte de poder ver como se fai un programa de radio e escoitar ao noso director e ao Inspector dos Salesianos, a algúns profes, familias, alumnos, membros de Ateibo, da Fundación Juan Soñador, un representante da parroquia e da asociación de veciños da Milagrosa.
Puidemos coñecer dende unha breve historia da presencia salesiana no barrio ata a experiencia dos rapaces que levan connosco 11 e 13 anos.
Aínda que colgo o programa coma se fose un vídeo, non ten imaxe, o importante é o audio.

Por certo, Feliz Día de María Auxiliadora

https://docs.google.com/file/d/0B6b7c2rJMq4-UnE4bWxjMG1aem8/edit?usp=sharing
Programa de Radio

Ningún comentario:

Publicar un comentario