6 de out. de 2014

Bo Nadal

Acceder á entrada orixinal no blog vello


Xa estamos rematando o ano. O Nadal é moito máis que vacacións, comidas familiares e regalos.
Para os máis pequenos o Nadal é sinónimo de vacacións, durmir ata tarde e recibir moitos regalos.
Para a meirande parte da mocidade, son unhas datas para o reencontro cos amigos que traballan ou estudan lonxe.Fundamentalmente para ver ós amigos que non vemos durante todo o ano.
Pero, ¿que é o Nadal?¿non é unha festa e unhas datas de ledicia, paz, solidariedade?
Pois para amenizar estas festas, deixo un dos villancicos que cantaron os rapaces e rapazas de 4ºA de Primaria do colexio Salesianos Divina Pastora de Lugo.
É un villancico fermsísimo,cunha letra que expresa o que é o Nadal e ademais é musicalmente moi bo. O villancico chámase"Ven a Cantar". Deixo dous videos (a versión normal e a versión karaoke). Se queredes a letra pinchade aquí
Unha aperta a tod@s, Bo Nadal e Feliz 2012

Se queredes ver o video orixinal de "La Hermandad" pinchade aquí. É un villancico que se converteu en clásico latino.
Letra Ven a Cantar
Video con letra
Video Karaoke

Ningún comentario:

Publicar un comentario