Acceder a la entrada original en el
blog viejo
|
O 8 de maio non foi un xoves normal e corriente. As rapazas e os rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivemos unha mañá moi especial xa que tivemos ,un ano máis, a visita da Banda da Escola Municipal de Música.
Este ano adicaron o seu concerto á música descritiva e programática, é dicir, música que describe paisaxes ou cousas e a música que ten un programa, que quere transmitir unha idea do que se vai contar ou escoitar.
En primeiro lugar tocaron o Entroido dos animais, gran sorte para os de 4º, sobre todo porque en decembro realizaran un proxecto interdisciplinario sobre esta obra de Saint-Saëns. En concreto interpretaron o León, o cuco, o elefante, os fósiles e o final. Foi super divertido.
Continuaron con gran Leopold Mozart (pai do Mozart famoso) e a súa sinfonía dos xoguetes. E rematamos viaxando a un Mercado Persa con serpes, venda ambulante.
Fixemos unha viaxe exprés polas 4 estacións de “Bisbaldi” que é o primo de Vivaldi.
O concerto non podía rematar sen que nos regalaran dúas pezas moi coñecidas e memorables: a canción dos Picapedra e un mambo no que tódolos músicos percorreron todo o salón de actos preparándonos para o verán.
A verdade é que tanto os rapaces, os profes e os membros da banda pasámolo xenial. Esperemos que o vindeiro ano poidamos repetir esta experiencia tan fabulosa.
Agora o que nos queda é rematar o que estamos facendo nas clases sobre a banda de música en 1º, sobre os instrumentos en 2º e sobre os compositores en 4º.
Xa están as fotos na web. Pincha aquí para velas
Boa finde |
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario