Acceder a la entrada original en el
blog viejo
|
Hai un mes comezamos a preparar o Nadal dun xeito moi especial cos rapaces de 1º dende Relixión, Coñecemento do Medio, Lingua Galega e Música. En relixión estiveron coñecendo o significado do Nadal co nacemento de Xesús e a simboloxía destas festas. En coñecemento buscaron e situaron nun mapa todos eses lugares que aparecen cando falamos do nacemento de Xesús, observaron a decoración das aulas, dos corredores e do cole en xeral, falaron de como decoramos o barrio, a nosa casa e a cidade nestas festas... En galego descubriron a simboloxía do Nadal en galego. E en música coñeceron e aprenderon os instrumentos típicos de Nadal, os pintaron e os pegaron na árbore do corredor. Tamén escoitaron diferentes panxoliñas e prepararon a que ían cantar no Festival de Panxoliñas do cole.
Ademais das panxoliñas para o festival, adornaron o corredor cunha árbore de Nadal adornada con pandeiretas, cascabeis, zambombas, a botellas de cristal, estrelas de nadal, debuxos de Xesús, María e Xosé, Magos de Oriente, bolas de paz...
Foi un xeito diferente e innovador de aprender, ensinar e gozar co Nadal dende catro áreas diferentes. Tamén foi unha experiencia moi gratificante para o alumnado de 1º, ao igual que para os mestres implicados, o poder traballar en equipo e de forma conxunta.
Moitas gracias ás rapazas e aos rapaces de 1º por axudarnos a facer posible este proxecto e a Ada, Marta e Julián por implicarse nesta actividade.
E coma o proxecto xiraba ao redor do Nadal, non podemos deixar de Felicitarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2014. |
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario