19 de abr. de 2016

Somos compositores


Esta semana hemos empezado con una actividad muy interesante.
La Semana de las Letras Galegas aún queda muy lejos, pero las niñas y los niños de 4º ya hemos empezado a preparar la fiesta.
Hemos escogido un poema de Manuel María, el autor homenajeado este año, hemos escogido una canción que preparé con la App Make your Song y vamos a convertir un poema sobre el Río Miño en canción.
Si somos capaces de tenerla terminada para la semana del 9 de mayo, la podremos enseñar a todo el colegio para cantarla en la fiesta colegial de "Letras Galegas".
Os dejo la canción y el poema.

Biografía do Miño
O deus Minius, nas orixes do tempo,

percurreu, con teimuda paixón,

o lugar máis fermoso do universo:

non atopou nada comparado con Galiza.

Despois de contemplala longamente

namorouse dela para sempre.

Con desexo total de posuila

físoxe poderoso lóstrego

E caeu sobor da terra, feríndoa co seu divino lume.

A terra recibiuno, humilde e conmovida.

Abriulle os brazos e o corazón.

A terra ofrendoulle ao apasionado río


E fundíronse nunha aperta perfecta,.

O lóstrego volveuse auga cantora,

materia de orballos e de bágoas.

E o río deulle á terra xenerosa

a súa forza de deus omnipotente...


Existe un Miño poderoso e terrestre.

Mais a intuición e o sentimento

estannos a dicir moi claramente que

o Camiño de Santiago

é o Miño celeste: un río de luz

polo que, un día, habemos de navegar,

Nós, tan humildes, somos ríos pequenos

que bicamos a terra con amor

Ríos sen gloria que lle damos ao Miño

o noso amor sinxelo: luz e auga.

Damos todo boamente como dá

o paxaro ao vento, a súa canción.

Somentes somos grandes ríos

cando nos unimos ao Miño.

Somos a sombra dunha sombra

cunha lembranza de árbores

Non somos case nada. Nin somos ríos.

¡A nosa almiña de pequenos ríos

fai o poder caudal do Grande Río!.

Fai o poder do Grande Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario