Podes ver a entrada orixinal no
blog vello
|
A exposición “Gallaecia Petrea” inagurouse este venres no Museo da Cidade da Cultura de Galicia e permanecerá ata o 15 de decembro, ‘Gallaecia Petrea’ é un percorrido pola historia da arte e da cultura galegas a través da pedra A exposición está dividida en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval,
A partir do luns 17 de xuño, a entrada terá un custo xeral de 4 €. Os estudantes, familias numerosas, discapacitados, posuidores do carné xoven e grupos de máis de vinte persoas; pagarán só 2 € A entrada para os menores de 18 anos será de balde.
O horario de visita é de 11:00 a 20:00 horas.
Ademais, a Cidade da Cultura de Galicia ofrece un servizo de visitas guiadas de balde, que terán lugar todos os días en dúas quendas: 12:30 e 16:30 horas. No caso de grupos, é preciso realizar unha reserva a través do correovisitasmuseo@cidadedacultura.org ou no teléfono 881 99 51 72.
As pezas que integran esta exposición, algunhas de ata dez toneladas de peso, proceden de diferentes partes de Galicia, España e de Portugal. Na exposición, a pedra estará presente como elemento identitario, como elemento artístico e arquitectónico pero tamén como elemento de desenvolvemento, materia base dunha das industrias máis puxantes de Galicia (granito, lousa…). Inclúe unha aproximación dende a xeoloxía, na que, a través de presentación didácticas, explorase a Gallaecia como territorio onde se poden atopar algunhas das rocas máis antigas da Península. Ademais, a mostra englobará dende un petroglifo, como elemento exclusivo que en todo o mundo só se ten atopado en Galicia.
Gallaecia Petrea, ademais dunha plataforma de excepción para dar a coñecer o patrimonio galego aos milleiros de visitantes que se agarda que pasen polo Museo de Galicia.
Gallaecia Petrea conleva a rehabilitación, limpeza e posta a punto dalgunhas das obras para poder exhibilas ao público na mellor das condicións, converténdose, deste xeito, nun proxecto de rehabilitación patrimonial e cultural. Así, rehabilitaranse, por exemplo, obras da Catedral de Santiago de Compostela, do Museo Provincial de Lugo, da Catedral de Mondoñedo, da Catedral de Lugo, da Catedral de Tui e do Museo Provincial de Pontevedra. |
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario