Podes ver a entrada orixinal no blog vello
Para rematar a Semana do Libro, este venres fixemos un pequeno xogo cunha pequena condición: Só podes ver a última liña escrita, o resto ten que estar oculto. A primeira liña foi extraída dunha serie de microrrelatos e o resultado foi moi divertido 1º poema Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada e un condutor pegoulle unha patada a un vello que molaba e aplastoulle unha lata e rompéuselle a tapa da bebida que tomaba por ser alcohólica unha collexa levaba. 2º poema Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada mentres que camiñaba e cantaba caíaselle a baba e o bebé cagaba mentres a súa nai miraba unha fermosa fada e pasou a súa amada toda cagada de caca esmagada. 3º poema Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada e pasou un coche e pisou a cala e isto si que non molaba. Mereceuse unha onda e un queixo de bola que comía na merendola e colleu unha boa. 4º poema Un neno vomitaba o xeado de morango na beira da autoestrada e logo un can que pasaba fixo unha cagada e despois comía mentres pensaba que preferiría comer fabada antes que pegarlle unha patada corre sen ter parada e unha mula foi atropelada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario