Acceder a la entrada original en el
blog viejo
|
Durante este mes de decembro, as rapazas e os rapaces de 2º de primaria elaboraron un Belén moi curioso. Tódolos elementos do Belén, agás o neno Xesús, (San Xosé, María, os Magos, o portal, a estrela, o anxo, os camiños, o río, a ponte, as árbores...) están debuxadas con figuras musicais.
A idea xurdiu como colofón ao aprendido en música neste trimestre, posto que estivemos aprendendo e traballando as figuras musicais, os seu significado, a súa duración, o seu debuxo...Foron os propios rapaces os que exprimiron a súa imaxinación para dar forma aos elementos do Belén coas figuras musicais. Por exemplo: o portal son dous grandes corcheas, os troncos das árbores son claves de sol, os camiños, o río e a ponte están construídas con pentagramas, María e Xosé teñen negras, silencios de branca, brancas e un pentagrama, no río hai peixes, pedras e polas feitas con negras, brancas, silencios... a estrela de Nadal é un gran silencio de negra. E deste xeito o resto dos elementos: mula, boi, magos, ovellas, un campesiños ao redor dunha fogata.
Ao principio custaba moito ve-lo coma un Belén, pero pouco a pouco foi tomando forma e agora que o vemos rematado ten unha pinta excelente.
Deste xeito tan curioso, tódolos nenos de 2º de primaria queren desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO 2014
Pero non me podo esquecer de felicitar ás rapazas e aos rapaces de 2º pola súa imaxinación, creatividade e o seu traballo, este proxecto é exclusivo deles. Moitas gracias |
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario