Podes ver a entrada orixinal no blog vello
Para explora-la relación que existe entre a corrente eléctrica e o magnetismo, podedes construír un electroimán caseiro e sinxelo Necesitamos: Unha pila de petaca (4,5 voltios) Un cravo de ferro longo ou unha barra de ferro Fío de cobre Dous cables Cinta adhesiva ou celo Clips ou parafusos ¿Como se fai? 1º. Colle o cravo ou a barra de ferro, envólveo co fío de cobre de xeito que as voltas queden o máis apretadas posible. Deben de estar xuntas sen montarse unhas sobre as outras. Os extremos dos cables teñen que quedar libres 2º. Unha vez esté o cable cuberto, suxeita con cinta adhesiva e envolve de novo o fío e volve cubrilo coa cinta adhesiva 3º. Repite a operación e corta o fío, deixando libres uns 5 cm. aproximadamente 4º. Conecta a continuación os dous cables á pila e une os extremos libres aos dos fíos sobrantes 5º. Agora proba a emprega-lo cravo para levantar clips, parafusos ou outros metais. ¿Que ocorre? ¿E se desconectas os cables da pila? Explicación Ao envolve-lo fío de cobre ao cravo, fabricaches un solenoide . Cando se deixa pasa-la corrente eléctrica, o solenoide queda imantado instantaneamente e actúa como un imán. Cando se desconecta, a imantación desaparece, pero o cravo quedou lixeiramente imantado. A inmensa maioría dos electroimásn están feitos con arame, é dicir, con solenoides. Unha barra de ferro no interior aumenta o poder do electroimán. Un condutor eléctrico crea ao seu redor un campo magnético cando circula a corrente a través del |
Ningún comentario:
Publicar un comentario