23 de feb. de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024


 Co gallo do Día de Rosalía de Castro, en estivemos traballando na súa figura dende tódolos ámbitos.

Os equipos de traballo enfocáronse en distintos temas e foron elas e eles mesmos os que decidiron os produtos finais en base ás propostas, pautas e pasos dados. 

Tódalas investigacións e produtos teñen a intención de ter unha relevancia dentro e fóra do colexio tanto pola explicación aos seus afillados e afilladas de 3º de Primaria como pola publicación en Calameo do contido creado e o envío deles á Fundación Rosalía.

Este material foi presentado ao alumnado de 3º de Primaria porque son padriños-afillados e foi enviado á Fundación Rosalía e compartido en redes coas institucións culturais galegas.
Foi unha actividade propia da área de Lingua Galega e abordando unha serie de Criterios de Avaliación marcados na programación didáctica.
Máis aló de todo isto, foi unha auténtica marabilla o proceso creativo desta SdA e o ben que rendiron e aprenderon as rapazas e os rapaces.

  • Elaboraron unha liña do tempo cos acontecementos máis importantes da súa vida e obra.
  • Descubriron a importancia de Rosalía dende un punto de vista de loita polo feminismo na actualidade.
  • Crearon un Canva explicando as obras publicadas en galego en en castelán.
  • Inventaron un Diario persoal nunca achado no que Rosalía conta a súa relevancia na historia e cultura de Galicia.
  • Adaptaron e colgaron no corredor un anaco de Cantares Gallegos
  • Adaptaron ao galego normativo actual "Contos da miña terra" ou "Conto gallego", a única obra de prosa en galego publicada por Rosalía e un conto moi breve e sinxelo de comprender.


Para ler a adaptación de "Contos da miña terra" pódese picar aquí ou na imaxe de portada.
Para ver a presentación sobre a explicación das obras pódese picar aquí.
Para ver as fotos doutros produtos finais pódese picar aquí.

Ademais incrusto o libro xusto debaixo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario