Deixo os contidos desta unidade, materiais complementarios para axudarnos e o xeito de como imos traballar:
- A organización territorial de España:
- Comunidades Autónomas e Provincias (Un xogo de mapas, outro xogo de mapas)
- A organización política de España:
- Institucións do Estado Español: Cortes Xerais, Goberno e Tribunais de Xustiza
- Funcións das institucións
- A organización política de Galicia:
- Institucións da Comunidade Autónoma de Galicia: Parlamento e Goberno Autonómicos
- Institucións locais: Concello, Alcalde/Alcaldesa, concelleiros...
- Funcións das institucións
- Diversidade Cultural e Lingüística
Para os tres primeiros bloques de traballo imos organizarnos por "grupos especialistas" (2 grupos por bloque) e imos plasmar nunha cartolina o máis importante do tema en base aos Estándares de Aprendizaxe marcados por lei. Imos facelo do xeito máis gráfico posible para comprendelo moito mellor.
Para o bloque de "Diversidade cultural e lingüística" imos elaborar un "Folleto Turístico" das Comunidades Autónomas no que informemos de: festas, linguas, tradicións, curiosidades, gastronomía, patrimonio...e todo o que queiramos contar nun libriño que imos elaborar entre tódolos grupos. Podemos sacar moita información da Web "Marca España"
Seguiremos aportando máis materiais e informando de como levamos a cabo a nosa aprendizaxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario